InicioSociedadeA AECT Río Miño presenta un documental sobre o peche de fronteiras...

A AECT Río Miño presenta un documental sobre o peche de fronteiras con Portugal

A AECT Río Miño busca con este proxecto, que se estreará "proximamente", pór en relevo "as perdas económicas, os rodeos de centos de quilómetros para ir traballar, os gastos en combustible, o tempo" e outras molestias que estas persoas están a sufrir como consecuencia das restricións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) lanzou un tráiler de presentación dun documental polo que dá voz ás persoas traballadoras, autónomas, empresas e veciñas afectadas polo peche da fronteira entre Galicia e Portugal.

O trailer, publicado na conta de Youtube da Deputación de Pontevedra, presenta o documental ‘Confinados no Río Miño’, dirixido por Suso Pando, no que se dan a coñecer as historias de varias persoas afectadas, entre elas Noelia Salgueiro e Andreia Costa, que viven en Portugal e traballan en Galicia.

Tamén recolle as declaracións de Cecilia Puga, que vive en Arbo e traballa en Melgaço, quen reclama que as administracións abran as fronteiras “polo menos aos traballadores”. “Se teño que facer estes quilómetros nunca na vida montaría o meu negocio alí”, denuncia na súa intervención.

A AECT Río Miño busca con este proxecto, que se estreará “proximamente”, pór en relevo “as perdas económicas, os rodeos de centos de quilómetros para ir traballar, os gastos en combustible, o tempo” e outras molestias que estas persoas están a sufrir como consecuencia das restricións.

Así, no tráiler sinala que a fronteira entre España e Portugal confórmase de 2.200 quilómetros, dos que 70 corresponden ao tramo transfronteirizo do Río Miño. “Por ese 5 % pasa o 50 % dos vehículos entre ambos os países” e “máis de 6.000 persoas atravésano diariamente para traballar”, recolle o vídeo.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...