InicioEconomíaO BNG reclama un plan contra a precarización na automoción e para...

O BNG reclama un plan contra a precarización na automoción e para impedir a deslocalización

Tamén pide "un control das axudas públicas".

PUBLICADO O

O BNG volverá levar ao Parlamento galego distintas iniciativas para reclamar un plan contra a “desertización industrial” de Galicia e, en concreto, para pór freo á “precarización” no sector da automoción.

Así o trasladou a deputada nacionalista Carmela González, tras manter en Vigo unha reunión coa responsable de automoción do sindicato CIG, María Xosé García, na que tamén participou o concelleiro do BNG no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas.

Carmela González denunciou a “falta de política industrial” da Xunta, á que acusa de pór en práctica accións que “non repercuten en beneficio dos traballadores”. Así, puxo como exemplo a planta de PSA (grupo Stellantis) en Vigo, e sinalou que o grupo obtivo máis de 2.000 millóns de beneficios o ano pasado e, con todo, os seus empregados na fábrica de Balaídos “traballan cada vez con máis presión e precariedade laboral, especialmente os máis novos”.

Por iso, a deputada do BNG, ademais de pedir medidas para frear a deslocalización ou unha tarifa eléctrica galega, reclamou accións que sirvan para que os beneficios “queden no país” e melloren a vida da clase traballadora. Nese sentido, tamén apostou porque haxa “un control das axudas públicas” para que se traduzan en melloras das condicións laborais e non acaben “nos petos das empresas”.

Na mesma liña, María Xosé García denunciou que a falta de apoio da Xunta aos traballadores desta industria, que está “abocada a acabar como o naval”.

Finalmente, o concelleiro Xabier Pérez Igrexas sinalou que, nos últimos oito anos, “practicamente ningunha empresa do sector de automoción se instalou na área de Vigo”, fronte ao peso crecente no norte de Portugal, e alertou sobre o “crecente empobrecemento” dos traballadores desta industria.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...