InicioSociedadeAlcaldes de 26 concellos do Miño protestan na Ponte da Amizade co...

Alcaldes de 26 concellos do Miño protestan na Ponte da Amizade co lema ‘Open the border’

A comitiva galega e a portuguesa escenificaron as súas reivindicacións cada unha polo seu lado debido a que efectivos da GNR e da Garda Civil impediron celebrar o acto simbólico de maneira conxunta no medio da ponte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alcaldes de case unha trintena de municipios participaron nunha protesta na Ponte da Amizade, que une Tomiño e Vila Nova de Cerveira, onde despregaron unha pancarta xigante co lema ‘Open the border’ para denunciar as consecuencias económicas para os veciños e traballadores transfronteirizos do peche de fronteira con Portugal.

A protesta contou coa participación de representantes da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, As Neves, Arbo, Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço.

A pesar diso, a comitiva galega e a portuguesa escenificaron as súas reivindicacións cada unha polo seu lado debido a que efectivos da GNR e da Garda Civil impediron celebrar o acto simbólico de maneira conxunta no medio da ponte.

En declaracións aos medios, o vicedirector do AECT Rio Miño, Uxío Benítez, trasladou esta chamada de auxilio ás autoridades galegas, estatais e europeas para permitir a apertura de todos os pasos de fronteira, ademais de para reivindicar axudas económicas específicas que permitan paliar o dano provocado polas decisións de Portugal e do Estado español.

O mal xa está feito, abran os pasos agora ou dentro dun mes. Non nos fixeron caso nas nosas reivindicacións e agora queremos que se nos teña en conta e nos compensen polas perdas”, trasladou, para lembrar que o gasto medio por traballadores en combustible rolda os 200 e os 300 euros mensuais, todo por pasar polo único paso aberto 24 horas (Tui-Valença).

PERDAS ECONÓMICAS

Tamén se referiu ao estudo elaborado pola Uvigo que constata que a hostalaría da zona está a perder un 19 por cento de facturación debido ao ‘efecto fronteira’, que se engade ás perdas rexistradas como consecuencia da pandemia.

“Hai que habilitar partidas específicas para territorios directamente de fronteira nos que o prexuízo económico foi maior, garantindo que os fondos se destinan ás zonas de raia e non se deturpen”, engadiu.

A AECT anunciou a creación dun rexistro de afectados o peche de fronteira e a presentación de mocións nos 26 municipios para instar ante todas as institucións a apertura dos pasos e a dotación de compensacións económicas polo peche.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...