InicioSucesosKarim deixa tellados desprendidos e semáforos no chan en Vigo

Karim deixa tellados desprendidos e semáforos no chan en Vigo

A Policía Local informa de case 100 incidencias ata o momento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúan as incidencias por Karim en Vigo. Os efectos da borrasca acapararon a práctica totalidade das actuacións realizadas pola Policía Local desde a noite do venres. En concreto, ata 95 incidencias tiveron que ser atendidas polas súas unidades e polos bombeiros.

Nun comunicado, o corpo local explica que os principais episodios vividos na urbe olívica consistiron en colectores, balizamentos de obras e outros obxectos movidos polo vento. Ademais, producíronse desprendementos de chapas metálicas dos tellados diversos edificios nas rúas Marín e Tomás Alonso e na avenida Hispanidade e Balaídos. Ata estes puntos desprazáronse os bombeiros para retirar ou, no seu caso, asegurar as pezas. Tamén saíu voando, ata quedar apoiado nun farol, o toldo dun mesón na avenida de Castrelos.

Do mesmo xeito, a Policía Local recibiu chamadas relacionadas con desprendementos de fachada, coa caída parcial dun muro en Camiño do Pombal, así como incidencias por árbores e ramas nas estradas.
Precisamente, ao redor das 8,00 da mañá deste sábado, a caída dunha árbore que invadiu parte da calzada provocou danos en catro turismos estacionados na avenida Alcalde Gregorio Espino. Os axentes municipais colaboraron cos bombeiros para tallar e retirar as ramas e o tronco, ademais de informar os titulares dos vehículos sobre o ocorrido.

A Policía tamén tivo que recoller semáforos tirados ou desprendidos e pechou os accesos tanto ao aparcadoiro como ao paseo de Samil por seguridade.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...