InicioSociedadeCinco mozos gañan o primeiro 'hackaton' do terceiro sector impulsado pola Deputación...

Cinco mozos gañan o primeiro ‘hackaton’ do terceiro sector impulsado pola Deputación de Pontevedra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas mozas e tres mozos de Oia e A Guarda gañaron, co seu proxecto ‘Jamii'(para captar fondos e recursos creando comunidade) o primeiro #socialhack, o ‘hackaton’ do terceiro sector promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra.

A idea destes mozos (Celso Gómez, Edu Castro, Jarold Lugo, Henar Alonso e Isa Alonso) consiste na creación dunha plataforma para captar fondos a través da difusión de iniciativas sociais de modo xeolocalizado, e alzouse co primeiro premio nesta convocatoria impulsada, no marco do programa Smartpeme, pola institución provincial.

A entrega de galardóns tivo lugar de modo telemático este luns, nun acto no que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrouse “asombrada” pola “riqueza de ideas” que se presentaron neste reto tecnolóxico por parte dos 8 grupos participantes.

Segundo afirmou, este evento demostrou que “o mundo dixital está liderado por persoas, e as persoas poden converter a tecnoloxía, os sistemas binarios e as siglas en algo humano, e que pode ser un instrumento para mellorar a vida doutras persoas”.

Silva lembrou que “hai unha demanda real” sobre as cuestións que se expuxeron neste ‘hackaton’ e destacou que este reto sacou á luz “grandes plataformas” e “sobre todo, máis humanidade”. Segundo anunciou, a Deputación tratará de implementar as ideas xurdidas neste encontro, celebrado o pasado fin de semana.

RETO TECNOLÓXICO E PREMIADOS

O ‘hackaton‘ do terceiro sector organizado pola Deputación contou coa participación de máis dunha trintena de persoas de distintos puntos de Galicia, Madrid, Cataluña e Andalucía. Os participantes concursaron ‘en liña’ en diferentes grupos multidisciplinares para desarollar solucións innovadores para as entidades sociais.

Ademais do equipo gañador, que obtivo 2.000 euros, tamén se recoñeceu a proposta ‘Kune’ (premiada con 1.000 euros), dun equipo de Santiago, e que consiste nunha plataforma que reforza a transparencia e a rendición de contas, e que permite aos usuarios contactar con entidades sociais clasificadas segundo os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Finalmente, o terceiro premio (500 euros) foi para un equipo de Pontevedra, pola súa proposta ‘HelpDepu’, que serve de ponte entre a Deputación e as persoas usuarias. Así, facilítase información a través dun directorio de entidades sociais, categorizadas segundo o seu ámbito de actuación.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...