InicioSociedadeSoben as hospitalizacións por Covid, pero baixan os novos casos na área...

Soben as hospitalizacións por Covid, pero baixan os novos casos na área de Vigo

Son 25 as persoas con coronavirus en críticos e soben a 117 os doutras unidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria repuntou lixeiramente en Galicia, que rexistra 19 pacientes con Covid-19 máis ingresados que a xornada anterior, polo que volven ascender de novo por encima do milleiro –cifra da que baixaron este domingo–. No entanto, os contaxios diarios descenderon a 372 e os casos activos baixaron a 13.052.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se inclúen 224 pacientes con Covid en UCI, dous máis, e 792 noutras unidades, 17 máis, o que sitúa o total de ingresados en 1.016 en Galicia, fronte aos 997 da xornada anterior.

Por áreas sanitarias, en Vigo, mantéñense en 25 as persoas con coronavirus en críticos e soben a 117 os doutras unidades –dúas máis–.

CAEN OS CASOS E CONTAXIOS

Galicia ten 13.052 casos activos de Covid-19, o que supón 693 menos que a xornada anterior, polo que se mantén a tendencia descendente rexistrada toda a semana pasada. En concreto, os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias. Na área de Vigo baixaron a 2.029.

Tamén se reducen os contaxios diarios detectados por diferentes probas a 372, fronte aos 419 da xornada anterior, deles, 62 na área de Vigo.

PCR E POSITIVIDADE

En Galicia leváronse a cabo 1.579.437 PCR ata a data, o que supón un incremento de 6.272 con respecto ás rexistradas ata este domingo, polo que descenderon estas probas con respecto a xornadas anteriores.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– repuntou a un 6% tras situarse por baixo do 5% este domingo, polo que se coloca de novo por encima desa porcentaxe que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, do que Galicia logrou baixar por primeira vez a semana pasada desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...