InicioSucesosPetición de 10 anos de cárcere para un home que vendía droga...

Petición de 10 anos de cárcere para un home que vendía droga e quixo atropelar un policía en Vigo

A Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra tamén celebrará o vindeiro mércores outros dous xuízos relacionados co tráfico de estupefacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 10 anos de cárcere para un home que supostamente se dedicaba á venda de heroína en Vigo, quen no día da súa detención tratou de eludir o control policial e chegou a embestir coa súa motocicleta a un dos axentes que ía arrestalo.

De acordo co escrito do Ministerio Público, o home concertou vendas de heroína en polo menos catro ocasiones ata a súa detención o día 9 de xullo de 2020. Ese día, os axentes procederon a abordalo cando circulaba na súa motocicleta, aínda que acelerou tentando eludir o control policial e embistió a un dos axentes do operativo.

Como consecuencia destes feitos, o policía sufriu múltiples contusións e unha escordadura cervical, do que quedou unha secuela. O acusado atópase en prisión por esta causa desde o 9 de xullo de 2020.

No momento do arresto, ao home fóronlle incautadas 19 papelinas con heroína –que alcanzarían no mercado ilícito o valor de 538 euros–, ademais dun anaco de haxix, 45 euros e un teléfono.

Así mesmo, no seu vehículo foron achados 457,4 gramos de heroína, cun valor de 50.840 euros; e no seu domicilio –reside xunto aos seus pais– foron localizados 0,6 gramos de heroína con valor de 64 euros, seis anacos de haxix, 17.580 euros procedentes da actividade ilícita, unha báscula e recortes de plástico.

Por todo estes feitos, a Fiscalía pide para o home 6 anos de prisión polo delito de tráfico de drogas e 4 anos de prisión por un delito de atentado a axente da autoridade con uso de vehículo a motor, en concurso ideal cun delito de lesións. O xuízo por estes feitos celebrarase este xoves, día 18, na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo.

OUTROS XUÍZOS POR DROGAS

Doutra banda, a Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra tamén celebrará o vindeiro mércores outros dous xuízos relacionados co tráfico de estupefacientes.

No primeiro deles, o Ministerio Fiscal pide catro anos de prisión para un home, ao que se lle aplica a atenuante de drogadicción, que foi interceptado cando vendía unha papelina de cocaína e que levaba encima unha segunda papelina e 20 euros “de ilícita orixe”.

No segundo xuízo, a Fiscalía pide 4 anos de prisión e multa de 500 euros para un home que entre febreiro e marzo de 2019 levou a cabo na súa vivenda en Vigo e nas inmediacións distintos actos de venda, intercambio e distribución ilícita de heroína e cocaína.

O acusado foi detido por estes feitos o 13 de marzo de 2019, momento en que lle incautaron distintas cantidades de cocaína e heroína, 50 euros procedentes da súa actividade ilícita e un teléfono móbil.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...