InicioSociedade1.500 alumnos e persoal do IES Politécnico de Vigo pasarán un cribado...

1.500 alumnos e persoal do IES Politécnico de Vigo pasarán un cribado en busca de asintomáticos

Sanidade xa fixo cribados noutros centros da cidade, como no Colexio Apóstolo Santiago-Xesuítas, onde actualmente hai 9 casos; e no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio, en decembro pasado, onde se detectaron 13 positivos (actualmente hai 4 estudantes con COVID).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo confirmou este xoves a realización dun cribado entre o persoal e os alumnos do IES Politécnico, en busca de casos asintomáticos de COVID-19.

Segundo informaron fontes do Sergas, as probas realizaranse este venres, e citouse a unhas 1.500 persoas, entre traballadores e estudantes. Neste centro educativo hai confirmados, segundo notificou a Xunta este xoves, 11 casos activos de COVID.

Ademais deste instituto, Sanidade xa fixo cribados noutros centros da cidade, como no Colexio Apóstolo Santiago-Xesuítas, onde actualmente hai 9 casos; e no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio, en decembro pasado, onde se detectaron 13 positivos (actualmente hai 4 estudantes con COVID).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...