InicioSociedadeO Chuvi reduciu a actividade asistencial en 2020 pola pandemia

O Chuvi reduciu a actividade asistencial en 2020 pola pandemia

O Sergas defende que "se garantiu atención aos pacientes con prioridade 1 e aos oncolóxicos, cuxa asistencia non admite demoras".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo comunicou que o impacto da pandemia “obrigou a unha diminución xeneralizada da actividade asistencial” en 2020; no entanto, mantívose “unha liña prioritaria de actuación” que permitiu “garantir a atención aos pacientes con prioridade 1 e aos oncolóxicos, cuxa asistencia non admite demoras”.

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que, ao facer balance da actividade realizada en 2020, indicou que o pasado ano realizáronse un total de 28.000 intervencións cirúrxicas, máis de 6 millóns de consultas –entre atención primaria e hospitalaria– e 358.000 atencións urxentes.

Ademais, realizáronse case 725.000 consultas externas, das que 30.800 foron e-interconsultas e 112.150 consultas telefónicas. Así mesmo, realizáronse 4.000 consultas e probas a través das Vías Rápidas de Atención a pacientes con sospeita de cancro.

No que respecta á Atención Primaria, nos centros de saúde da área fixéronse máis de 5,4 millóns de consultas, o 43,5% delas telefónicas. Esta porcentaxe ascende ao 62% no caso das consultas realizadas por facultativos.

Doutra banda, os puntos de atención continuada (PAC) de atención primaria realizaron 213.000 atencións e 144.900 pacientes recibiron atención urxente no Hospital Álvaro Cunqueiro, dos que o 17,4% requiriron ingreso hospitalario. En relación coa hospitalización, houbo 39.100 ingresos e a estancia media foi de 7,1 días.

O xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, considerou que a pesar da diminución da actividade asistencial no contexto da pandemia, “estes resultados indican o gran esforzo realizado polos profesionais”.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...