As autoridades sanitarias galegas informaron este luns doutras 21 mortes de persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva o cómputo a 1.988 vítimas mortais da pandemia en Galicia. Dos novos falecementos notificados, cinco correspóndense con persoas usuarias de residencias e outra procede das vivendas comunitarias de Urzaiz, en Vigo. Precisamente, na área sanitaria Viguesa son cinco os falecidos.
Deste xeito, Sanidade informa dun falecemento que quedou validado e que se produciu o 31 de xaneiro: un home de 87 anos que morreu no seu domicilio en Silleda. Na listaxe de mortes do día 5 de febreiro suman a outro home de 87 anos, que faleceu no seu domicilio en Mondariz.
Xa no día 6, trasládanse tres mortes no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) –un home de 84 anos, unha muller de 88 anos e un home de 85 anos que procedía da residencia San José de Narón–.
No día 7 súmanse os falecementos no CHUF dunha muller de 73 anos, outra de 86 anos, dunha anciá de 97 –que procedía da residencia DomusVi Laraxe (Cabanas)– e dun home de 56 anos.
Nesa mesma xornada notifícase a morte dunha anciá de 93 perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), e doutra muller (de 95 anos) que procedía da vivenda comunitaria Urzaiz e que morreu no mesmo centro hospitalario. No Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) faleceron dúas mulleres de 89 anos e outra de 83.
Tamén se fai constar a morte dunha anciá de 92 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un home de 81 que morreu no seu domicilio en Amoeiro (Ourense), e unha muller de 93 en Cegadi (que procedía da residencia Branco Amor de Boborás).
8 DE FEBREIRO
Finalmente nesta xornada, 8 de febreiro, súmanse catro mortes: unha anciá de 97 anos na residencia DomusVi de Carballo, un home de 82 anos no CHUF, e dous homes no Chuvi, de 81 e 88 anos, respectivamente. As autoridades sanitarias informan de que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.
Catro novos falecidos con covid en Vigo e outro no seu domicilio de Mondariz
Unha das vítimas era usuaria dunha residencia de anciáns.
PUBLICADO O
- Advertisement -