InicioEconomíaAlertan ante a UE do "impacto negativo" do peche da fronteira con...

Alertan ante a UE do “impacto negativo” do peche da fronteira con Portugal

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal denuncia a situación ante a Comisión Europea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal trasladou a súa preocupación polo “impacto negativo” dun novo peche de fronteiras na eurorrexión, onde só están operativos tres pasos entre Galicia e o norte luso (un deles parcialmente).

A AECT denunciou esta situación ante representantes da Comisión Europea, no marco do ‘webinar’ The role of SMEs in border regions, organizado pola Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa.

Este organismo de cooperación transfronteirizo reclamou a reapertura do maior número de pasos posibles, garantindo os medios necesarios para que haxa un control efectivo do tránsito, á vez que lamentou que “non se aprendeu nada” das consecuencias que tivo o peche de fronteiras do ano pasado.

A AECT advertiu de que o peche de 24 dos 27 pasos existentes na eurorrexión veu a “agravar” as “negativas repercusións socioeconómicas” da pandemia de COVID-19, e apuntou que o “impacto negativo” sófreno tamén transportistas e traballadores transfronteirizos que, aínda que poden pasar entre ambos os países, deben soportar “longas colas” e dar rodeos de decenas de quilómetros.

De feito, apuntaron que o feito de abrir só tres pasos provoca “aglomeracións”, sobre todo en ‘horas punta’, e obriga a unha maior mobilidade, mesmo ao uso de coches compartidos para aforrar custos, e incidiron en que a apertura doutros pasos “non socavaría os esforzos para conter a pandemia”.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo será xulgado tamén por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá o...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...