InicioSociedadeCase 11.000 persoas están citadas para cribados nas comarcas de Louriña e...

Case 11.000 persoas están citadas para cribados nas comarcas de Louriña e Condado-Paradanta

No cribado realizado no Ifevi a veciños de Vigo, Salvaterra e Ponteareas, participaron case 21.000 persoas (algo máis do 61 % dos citados) e detectáronse 24 casos positivos (3 deles de Ponteareas, ningún de Salvaterra e o resto de Vigo).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo informou da citación, nos próximas días, de case 11.000 persoas das comarcas da Louriña e Condado-Paradanta para a realización de probas para detectar casos asintomáticos de COVID-19.

Así, convocarase para facer probas PCR a 7.000 veciños do Porriño, a 1.811 de Mondariz, a 1.669 das Neves e a 380 veciños de Mondariz-Balneario. Así, os veciños destes últimos municipios xa empezaron a acudir ao posto covid-auto do hospital Meixoeiro (e seguirano facendo ata o domingo), mentres que os citados do Porriño terán que acudir ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) entre este venres e o domingo.

Estes cribados súmanse aos xa realizados nos últimos días entre veciños doutros municipios da área viguesa, en total máis de 13.500 persoas de Tomiño, Mos, A Cañiza, Salvaterra e Ponteareas. A eles súmanse as probas realizadas a veciños da cidade olívica e doutros municipios.

O obxectivo da realización destas probas, destinadas a persoas entre 20 e 70 anos de idade, é captar o maior número posible de contaxiados asintomáticos, aínda que o índice de participación, salvo excepcións, non adoita superar o 60 ou 65 % dos convocados.

No cribado realizado no Ifevi a veciños de Vigo, Salvaterra e Ponteareas, participaron case 21.000 persoas (algo máis do 61 % dos citados) e detectáronse 24 casos positivos (3 deles de Ponteareas, ningún de Salvaterra e o resto de Vigo).

‘UNIDADE MÓBIL’ EN VIGO

Por outra banda, o hospital vigués Povisa, do grupo Rivera Salud, informou de que, desde este xoves, está a realizar probas para detectar o COVID-19 no aparcadoiro de Balaídos, onde se instalou unha carpa.

Este operativo permite a obtención de mostras sen necesidade de que as persoas participantes baixen do seu coche, e estará en funcionamento de 8 a 20 horas. Para participar non será necesario solicitar cita previa, e os resultados enviaranse, nun prazo máximo dun día, por correo electrónico.

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...