A terceira onda comeza a remitir en contaxios, pero está no seu máximo pico no que ten que ver coas mortes. Este mércores a Xunta volveu comunicar a morte doutras 37 persoas nos últimos días (22, 28,30, 31, 2 e 3 de febreiro), o que supón a segunda maior cifra tras os 40 aos que se chegaron este mesmo luns. De feito, só nos tres ultimos días o Sergas comunicou xa a morte de 105 persoas.
E, novamente, a Coruña segue sendo a provincia máis golpeada pola epidemia, especialmente, as áreasDía 28 de xaneiro: de Ferrol, Santiago e A Coruña que acumulan 22 novos mortos. A seguinte provincia máis afectada é Ourense, con seis falecidos.
Na área de Vigo faleceron catro persoas, dous deles en Tui, un home de 93 na residencia Paz e Ben e o outro de 77 no seu domicilio. Tamén morreron un home de 83 e outro de 72 no Chuvi. Na de Lugo outras tres e na de Pontevedra, dous. Do total de falecidos, sete eran usuarios de residencias de anciáns. Todos os mortos, segundo o Sergas, tiñan patoloxías previas.