InicioEconomíaNavalia busca promoción en Vigo

Navalia busca promoción en Vigo

O director de Navalia di que existe un especial potencial para o traballo conxunto

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, Navalia, e a feira rusa Neva Exhibition asinaron un acordo de colaboración con duración de catro anos polo que ambas as feiras internaciones levarán a cabo acciones conxuntas para promocionar o naval e aumentar as relacións comerciais entre ambos os países.

Tal e como manifestaron este mércores na rolda de prensa de presentación do convenio, “desde o parón provocado pola pandemia faise necesario máis que nunca fomentar a conexión entre empresas e mercados“, un obxectivo polo que ambas as feiras organizarán encontros empresariais, misións comerciais e seminarios, entre outras actividades.

España é para Rusia un país con moito potencial para o naval. Pensamos que existen grandes posibilidades de colaboración na construción de barcos e tamén en temas de exportación e importación do sector, así como en aspectos relacionados cos portos, empresas armadoras e estaleiros”, destacou o director de Neva Exhibition, Andrey Vasilchenko.

Da mesma forma, o director de Navalia, Javier Arnau, remarcou que “existe un especial potencial para o traballo conxunto nos buques pesqueiros, os rompehielos e mesmo o sector militar”.

Finalmente, o cónsul honorario da Federación Rusa en Galicia, Pedro Mouriño, comentou que, desde a construción para Rusia a finais dos anos 80 de 15 arrastreiros por parte de Vulcano e Navantia Xixón, “o sector naval ruso non só garda un grato recordo da cidade, senón que é coñecedor do prestixio internacional” do naval galego.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...