InicioSociedadeUnanimidade no consorcio provincial de bombeiros para avanzar cara ao modelo de...

Unanimidade no consorcio provincial de bombeiros para avanzar cara ao modelo de xestión directa

Suporá a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques provinciais do consorcio: O Porriño, O Morrazo, Ribadumia e Vilagarcía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento de Pontevedra, integrado pola Deputación e a Xunta, aprobou este martes por unanimidade a memoria que regulará o proceso para avanzar cara ao modelo de xestión directa.

Deste xeito, conforme sinalaron tanto a Xunta de Galicia como a institución provincial, unha vez remate a concesión do modelo indirecto o próximo 31 de maio, procederase á xestión directa do servizo, que suporá a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques provinciais do consorcio –O Porriño, O Morrazo, Ribadumia e Vilagarcía–.

Segundo detallou a Xunta, unha vez aprobadas as conclusións da comisión xurídico-técnica para o proceso do paso a xestión directa, dáse un impulso importante para que o modelo se implante nestes parques da provincia. Ademais, ábrese agora un prazo de 30 días de exposición pública da memoria aprobada para que calquera interesado poida formular as observacións que considere oportunas.

A Xunta lembrou que puxo en marcha unha vía de diálogo coas deputacións provinciais para definir o modelo de xestión dos parques dependentes dos consorcios provinciais co obxectivo de ofrecer unha prestación homoxénea dos servizos de emerxencias en toda a comunidade, de forma que sexa igual para todos os cidadáns con independencia do seu lugar de residencia.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, agradeceu o “inxente traballo de todas e todos” para conseguir “enfrontar en tan pouco tempo este cambio de modelo” e destacou o “ben todo de todas as partes, das administracións e da parte sindical”, que permitiu “chegar a un bo acordo”.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...