InicioSucesosDeteñen a un mozo de 25 anos ao que lle constaban catro...

Deteñen a un mozo de 25 anos ao que lle constaban catro requisitorias de xulgados de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade de 25 anos de idade ao que lle constaban en vigor catro requisitorias emitidas por xulgados de Vigo pola suposta comisión de ilícitos penais.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron pouco antes das 18:50 horas deste domingo, cando unha patrulla que realizaba labores de control e prevención no ámbito da seguridade cidadá interceptou a un home na Praza de Fernando o Católico.

Tras consultar os seus datos, os efectivos policiais pescudaron que lle constaba en vigor unha orde de procura e detención polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo, así como tres investigacións de domicilio e paradoiro dos xulgados de instrución número 1 e número 2 de Vigo. Por todo iso, procederon á súa detención e posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Acepta case 11 anos de prisión por ameazar e acosar a xuíces, avogados e policías en Vigo

Un home aceptou penas que suman case 11 anos de prisión e multas por...

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...