InicioVigo e contornaRedondelaUn incendio arrasa unha vivenda deshabitada en Redondela

Un incendio arrasa unha vivenda deshabitada en Redondela

A casa, de dúas alturas, ardeu na súa totalidade e mesmo chegou a caer a cuberta. Non houbo feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado na noite deste xoves queimou por completo unha vivenda desocupada no concello pontevedrés de Redondela. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21,00 horas deste xoves o servizo de emerxencias foi alertado por un particular, desde a Rúa da Prata, sobre unha casa abandonada da que se vía saír fume.

Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou os Bombeiros do Porriño, á Policía Local de Redondela e aos membros de Protección Civil do municipio. No lugar dos feitos, os bombeiros volveron contactar co 112 Galicia para solicitar apoio de máis medios de extinción debido á expansión das chamas na edificación. Por isto, foron alertados tamén o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e os Bombeiros de Vigo.

Finalmente, a Policía Local confirmou que a vivenda, de dúas alturas, ardeu na súa totalidade e que chegou a caer a cuberta. Con todo, non houbo feridos.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...