A residencia DomusVi de Carballo tivo catro falecidos nos últimos dous días, un número que volve poñer a este centro no punto de mira tras a discutida xestión da pandemia nas súas residencias durante a primeira onda.
Segundo informou o Sergas nos últimos días –22, 24, 26 e 27 de xaneiro– producironse 29 novos mortos pola covid, unha cifra que volve ser a peor desde abril. Con todo, chama a atención que a Xunta recolla datos de diferentes días a mediados de semana, cando mantén un protocolo de información diario sobre os falecidos e as dificultades para dar a información danse, sobre todo, durante a fin de semana.
Na área de Vigo foron reportados tres falecidos, un home de 60 e dúas mulleres de 90 e 85 que morreron en Povisa.
Deste xeito, na DomusVi de Carballo reportouse a morte de tres mulleres de 97, 86 e 83 anos e dun home de 77 entre este martes e mércores. A eles súmanse outras seis persoas que tamén morreron en residencias, entre elas unha muller de 51 anos, no CHUAC (procedente da residencia Pai Menni de Betanzos), outra muller de 83 anos na residencia da Pastoriza, unha anciá de 87 anos, no CHUO (procedente da residencia Quercus de Leiro) e un home de 92 anos, no CHUO (procendente da residencia DOMUSVI de Bande). Tamén faleceu outro home de 84 anos, na residencia Stella Maris de Nigrán e unha muller de 96 anos, falece na residencia Quercus de Leiro.
A Coruña segue sendo a zona con maior falecidos. No Chuac reportouse a morte de seis persoas, dúas mulleres de 90 e 94 anos e catro homes de 88, 77, 66 e 61 anos. O Sergas tamén informa do falecemento dunha muller de 91 anos no seu domicilio de Laracha, tamén na Área Sanitaria da Coruña.
No Chus de Santiago morreron dúas mulleres de 84 e 87 anos e dun home de 74. En Ourense os falecidos son un home de 60 anos e unha muller de 90 e en Chop de Pntevedra, catro homes de 79, 76, 88 e 77 anos respectivamente.