InicioSociedadeVigo ten 182 hospitalizados pola Covid, 23 na UCI

Vigo ten 182 hospitalizados pola Covid, 23 na UCI

Os contaxios en Galicia superan unha nova barreira, xa son máis de 20.000 os galegos que teñen a covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia superou a barreira dos 20.000 casos activos de Covid-19 desde o inicio da pandemia ao rexistrar 20.481 e rexistra un aumento da presión asistencial ao sumar outros 47 ingresados con este virus, o que sitúan os hospitalizados en 1.201. Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con cifras recollidas ata as 18,00 horas deste luns, nas que se constata que se mantén o incremento diario nuns 700 dos casos activos.



De feito, os casos activos aumentan nas sete áreas sanitarias galegas con respecto á xornada anterior, coa da Coruña e Cee á cabeza, con 5.389; seguida de Vigo, con 3.630. Por áreas sanitarias, todas rexistraron un incremento de pacientes con Covid ingresados, coa Coruña á cabeza con 329, deles 47 en UCI –catro máis– e 282 noutras unidades. Mentres, na de Vigo hai 182 hospitalizados con coronavirus, 23 en UCI –dous máis– e 159 noutras unidades.



CONTAXIADOS E FALECIDOS

En canto aos contaxios diarios –detectados con diferentes probas–, mantéñense nuns 1.400, tras sumar 1.411 con respecto á xornada anterior e sitúanse en 89.592 os contaxiados en Galicia, deles 20.426 na área da Coruña e Cee; 17.275 na de Vigo e 14.710 na de Santiago.

A taxa de positividade mantense nun 9,7 por cento, tras descender a xornada anterior a esa cifra, que se mantén por encima do establecido pola OMS para dar por controlada a pandemia, un 5% do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...