InicioSociedadeA Xunta notifica tres novos falecidos por Covid nos últimos días

A Xunta notifica tres novos falecidos por Covid nos últimos días

Faleceron no Chuvi os pasados 23 e 24 de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

cifra de mortos pola Covid segue aumentando de xeito alarmante día tras día. Este luns, 25 de xaneiro, a Xunta anunciou 27 persoas falecidas nun novo reconto no que recolle as mortes dos últimos catro días e que suman xa 1.649 desde o inicio da pandemia.

 “Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19”, apunta o Sergas nun comunicado. Dos case 30 falecidos, oito procedían de residencias de anciáns.

 Esta lista é a seguinte: 

Día 22:

Muller de 84 anos no CHUS
Muller de 82 anos no CHUS
Home de 84 anos no CHUS
Muller de 84 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia DOMUSVI de Ribeira.

Día 23:
Muller de 89 anos na residencia  DOMUSVI de Carballo
Muller de 90  anos na residencia integrada  CEGADI. Procedía da residencia  DOMUSVI de Ribeira.
Muller de 74 anos  no  CHUVI.
Muller de 58 anos no  CHUVI.

Día 24:
Home de 84 anos no Hospital de Verín.
Home de 85 anos no  CHUF.
Home de 68 anos no Hospital  Quirón da Coruña.
Home de 89 anos no  CHUVI
Muller de 88 anos no Hospital  Virxe da Xunqueira.
Muller de 88 anos no  CHUO.
Home de 94 anos no  CHUF
Muller de 76 anos na residencia  DOMUSVI de Carballo.
Muller de 87 anos no  CHUF. Procedía da residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 91 anos no  Hospital  HM-Modelo Belén da Coruña.
Home de 84 anos no CHUO.
Home de 83 anos no  CHUF.
Muller de 67 anos no  CHUF
Home de 95 anos  no Hospital da Mariña.
Home de 60 anos na residencia  DOMUSVI de Carballo.
Home de 91 anos  na residencia  DOMUSVI de Carballo.

Día 25:
Home de 92 anos no Hospital de Monforte.
Muller de 78 anos  na residencia  DOMUSVI de Carballo.
Muller de 83 anos  no CHUAC.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...