InicioEconomíaCC.OO. denuncia que PSA permitiu a produción a pesar das filtracións causadas...

CC.OO. denuncia que PSA permitiu a produción a pesar das filtracións causadas pola borrasca

O sindicato sinalou que o director se desprazou á planta e se continuou co traballo tras achicarse "un mínimo de auga" e sen que "ninguén mostrase a máis mínima preocupación pola situación que se estaba padecendo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) denunciou que se continuase a produción na planta do Grupo PSA Peugeot Citroën PSA en Vigo na noite transcorrida entre este xoves e este venres a pesar das filtracións causadas pola borrasca ‘Hortensia’, mentres a empresa defendeu que se traballou para solucionar as incidencias no menor tempo posible.

A través dun comunicado, remarcou que o temporal provocou “inundacións” na fábrica de Balaídos debido a que a auga desbordou os canos, o que causou o brote de “guéiseres” e filtracións que levaron a presenza de “choiva no interior das naves”.

A este respecto, concretou que sobre as 23,50 horas, cando algúns traballadores estaban “enchoupados” debido a que “chovía no seu posto” e moitos mollaron os pés debido ao nivel que alcanzou a auga na nave, parou a produción.

Pouco despois, o sindicato sinalou que o director se desprazou á planta e continuouse o traballo tras achicarse “un mínimo de auga” e sen que “ninguén mostrase a máis mínima preocupación pola situación que se estaba padecendo”.

Por iso, a central esixiu que este episodio “non se volva a repetir” e se abone como extraordinaria a quenda da noite do xoves ao venres aos traballadores.

Pola súa banda, fontes da empresa explicaron que na última noite producíronse filtracións e cortes da subministración eléctrica causados polo temporal, o que levou que a produción tivese que suspenderse “momentaneamente nalgúns talleres”. Con todo, defenderon que se traballou para solucionar estes incidentes o máis rápido posible, “cunha reactividade eloxiable por parte dos equipos de traballo”.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...