InicioSociedadeOs exames escritos dos alumnos da UVigo estarán en corentena despois de...

Os exames escritos dos alumnos da UVigo estarán en corentena despois de ser entregados

As probas deberán almacenarse nunha caixa e deixarse en corentena para cumprir as indicacións do Ministerio de Sanidade, que sinala que se deixa de detectar o virus na superficie do papel tras tres horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ‘Guía de actuación para realizar os exames presenciais’ da Universidade de Vigo (UVigo) estipulou que as probas deberán ser postas en corentena despois de que os alumnos as realicen e abandonen as salas nas que as levasen a cabo.

Segundo trasladou a universidade, o documento publicado este luns foi elaborado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais de acordo coas recomendacións do Ministerio de Sanidade e aplicarase durante as probas de avaliación que se realicen de modo presencial.

Deste xeito, lémbrase a obrigatoriedade do uso de máscara e do mantemento da distancia de seguridade nas filas de acceso ás aulas e saída das mesmas. Ademais, non se permitirá o mantemento de conversacións nas zonas de tránsito e deberanse evitar as aglomeracións nas portas.

Para reducir o tempo de permanencia nas aulas, os exames deberán estar colocados nas mesas antes da entrada dos alumnos, que, xunto aos docentes, deberán utilizar desinfectante cando accedan ás salas. Ademais, non estará permitido o intercambio de efectos como calculadoras ou bolígrafos.

Posteriormente, os exames permanecerán nos postos ocupados polos estudantes ata a saída dos mesmos, tras o que o profesorado deberá recollelos, para o que poderá empregar luvas. As probas deberán almacenarse nunha caixa e deixarse en corentena para cumprir as indicacións do Ministerio de Sanidade, que sinala que se deixa de detectar o virus na superficie do papel tras tres horas.

Adicionalmente, a guía publicada inclúe un apartado no que recalca que a súa eficacia estará vinculada á colaboración e o compromiso das persoas involucradas na realización das probas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...