InicioSociedadeA "resaca" do Nadal tradúcese nun record de positivos nos centros de...

A “resaca” do Nadal tradúcese nun record de positivos nos centros de ensino en Galicia

Supón un ascenso do 40% de positivos en apenas catro días lectivos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos de positivos nos centros escolares en Galicia toca o seu máximo histórico con 1441 positivos, 25 aulas pechadas e 1 centro de ensino pechado.

Supón un ascenso do 40% en apenas catro días lectivos dende o pasado venres 8 de xaneiro, cando Galicia reanudou o curso escolar.

Este incremento choca frontalmente coa petición feita polo sindicato ANPE Galicia, que pedían a mediados de decembro retrasar a volta ao colexio ata o día 11 de xaneiro, logo das vacacións de Nadal, dado o levantamento de libre circulación para reagrupamento familiar decretado pola Xunta para as celebracións de Nadal.

A proposta do sindicato foi denegada pola Xunta alegando a un problema de conciliación para as familias, que podería supor un maior perigo de propagación ao ter que deixar aos escolares ao cargo de outras persoas.

Para atopar unha cifra de positivos similar hai que remontarse ao 7 de novembro de 2020 cando a crifra de positivos sumaba 1302 casos e 71 aulas pechadas.

Casos por áreas sanitarias

Área Sanitaria de A Coruña con 374 casos positivos repartidos e 139 centros educativos, onde os centros CPR Liceo La Paz suma 15 casos, o CPR Santa María del Mar 14, sendo os centros con máis positivos da área.

Vigo con 272 positivos repartidos en 145 centros onde persisten os casos no CPR Apóstol Santiago con 6 casos activos.

Na área sanitaria de Santiago a crifra é de 262 positivos repartidos en 119 centros, onde o CPR Compañía de María conta con 14 positivos.

Ourense suma 187 positivos repartidos en 86 centros, sendo o CIFP A Carballeira o máis afectado con 8 positivos.

A área de Pontevedra suma 141 casos repartidos en 76 centros onde o CEIP da Torre-Illa en Arousa, O IES Armando Cotarelo e o IES Castro Alobre suman 6 casos cada un.

Lugo suma 115 contaxios repartidos en 66 centros sendo o IES Vilar Ponte de Viveiro o que suma máis casos con 10 positivos.

A área menos “tocada” é a de Ferrol con 90 positivos repartidos en 43 centros onde o centro máis afectado sería o IES Concepción Arenal con 10 positivos.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...