InicioSociedadeAs placas de xeo provocan saídas de vía e caídas en Vigo

As placas de xeo provocan saídas de vía e caídas en Vigo

A Policía Local, á primeira hora da mañá dúas mulleres resultaron feridas leves en senllos accidentes, que tiveron lugar na Avenida de Clara Campoamor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presenza de placas de xeo na calzada e nas beirarrúas de varias rúas de Vigo provocou numerosos incidentes á primeira hora da mañá, entre os que destacan tres saídas de vía de vehículos.

Segundo informou a Policía Local, á primeira hora da mañá dúas mulleres resultaron feridas leves en senllos accidentes, que tiveron lugar na Avenida de Clara Campoamor. En ambos os casos, as condutoras perderon o control das súas motos, e caeron á calzada, debido ás placas de xeo.

Así mesmo, rexistrouse outro accidente no que o condutor resultou ileso. Este sinistro tivo lugar tamén na Avenida Clara Campoamor, cando o condutor dun coche saíuse da vía por estar a calzada xeada. O turismo saltou a mediana e pasou á beira contrario da vía.

Por outra banda, a Policía Local de Vigo recibiu este mércores numerosos avisos pola presenza de placas de xeo en viarios de parroquias rurais, así como no propio centro urbano, como en Avenida de Hispanidade, en Avenida de Galicia, ou nas rúas Estrada e Palencia.

A situación do firme e das propias beirarrúas causou algúns problemas, como caídas de peóns nesas zonas, especialmente nunhas escaleiras en Avenida de Hispanidade, nas que hai moito tránsito de persoas porque están nas proximidades dun colexio.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...