InicioSociedadeA UVigo mantén os exames presenciais a pesar das peticións en contra...

A UVigo mantén os exames presenciais a pesar das peticións en contra do alumnado

A UVigo tamén mantén o modelo previsto: cada facultade organízase e depende de cada centro a celebración de probas presenciais ou en liña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As universidades de Santiago e Vigo decidiron manter a presencialidade dos exames de xaneiro a pesar da campaña impulsada por estudantes para pedir que estas probas se realicen de modo telemático.

A UVigo tamén mantén o modelo previsto: cada facultade organízase e depende de cada centro a celebración de probas presenciais ou en liña. O reitor, Manuel Reigosa, asegurou este fin de semana nun acto que a institución está preparada en caso de ter que recorrer aos exames ‘en liña’, pero que se estudará no caso de que sexa “necesario” pola evolución da pandemia.

“Pero nós entendemos que os exames ideais son os presenciais e contar cun espazo grande como é este de López Moura, permítenos facelos gardando todas as medidas de seguridade”.

O reitor referíase así ás preto de 150 prazas dispoñibles no edificio da rúa López Moura, que albergaba o centro de informática de Caixanova (agora propiedade da Zona Franca), e que se ofrecen á universidade para a realización de exames e garantir o cumprimento das medidas de seguridade.

A esta sede únense as instalacións do pavillón universitario, que este mesmo luns se inaugurou coas primeiras probas presenciais.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...