InicioSociedadePesar en Esquerda Unida pola morte do histórico militante Luís González 'Ferreiro'

Pesar en Esquerda Unida pola morte do histórico militante Luís González ‘Ferreiro’

Formou parte do primeiro Comité Central do Partido Comunista de Galicia en París, que compartiu con figuras históricas como o xeneral Enrique Líster e Santiago Álvarez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esquerda Unida mostrou a súa pesar polo falecemento do histórico militante vigués Luís González, máis coñecido como ‘Ferreiro’, pseudónimo que adoptou durante os anos de ditadura franquista, nos que exerceu como membro do aparello de propaganda do Partido Comunista de Galicia na clandestinidade.

Nacido en Vila de Cruces no ano 1936, ‘Ferreiro’ regresou a Vigo a finais da década de 1960 tras os seus anos na emigración en Francia, segundo relata EU de Vigo nun comunicado emitido este sábado.

Enrolado xa nas filas do PCE, na cidade olívica comezou a colaborar co aparello clandestino de propaganda, ocupándose de obter recursos para as imprentas de Galicia. ‘Ferreiro’ construíu zulos para as imprentas en Vigo e na comarca da Coruña onde se imprimiron os panfletos das folgas de 1972 en Vigo e Ferrol.

Destes talleres tamén saían as copias de ‘Mundo Obrero’ que o propio ‘Ferreiro’ encargábase de distribuír a través dun sistema de ligazóns que operaba por toda a xeografía galega. Durante aqueles anos foi detido nun operativo policial para desarticular o aparello de propaganda do PCE en Galicia cando estaba a comprar tinta para as imprentas, o que levou a ser torturado pola policía franquista e padecer anos de cárcere.

Así mesmo, formou parte do primeiro Comité Central do Partido Comunista de Galicia en París, que compartiu con figuras históricas como o xeneral Enrique Líster e Santiago Álvarez. O coordinador local de Esquerda Unida en Vigo e portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, lamenta a morte de Luís González, de quen destaca o seu compromiso militante e a súa aposta pola unidade popular “como mecanismo para avanzar nos dereitos da clase traballadora”.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...