InicioSucesosFeridas dúas persoas nun accidente en Mos

Feridas dúas persoas nun accidente en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas despois de verse implicadas nun accidente ao seu paso pola localidade pontevedresa de Mos, segundo informa o 112 Galicia.

De acordo co aviso recibido no servizo de emerxencias, sobre as 22,15 horas da pasada noite, un dos vehículos saíuse da vía cando circulaba pola A-55, á altura do punto quilométrico 13, en Sanguiñeda, e, nese instante, outro vehículo que circulaba pola mesma vía chocou contra o accidentado.

Desde o 112, informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Baixo Miño, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar, os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil confirmaron que foron dúas os vehículos implicados e, aínda que non foi necesario o uso do material de excarceración, si tiveron que ser trasladadas dúas persoas. Os servizos de emerxencias deron por finalizada a súa intervención tras a limpeza dunha mancha de aceite que quedou derramada pola calzada a causa do impacto.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...