InicioSociedadeDetido en Vigo por finxir a súa morte para que a familia...

Detido en Vigo por finxir a súa morte para que a familia cobrara un seguro de 200.000 euros

Pagou a un funcionario en Colombia para certificar a súa morte e foi descuberto ao volver a España e pedir asilo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da comisaría de Vigo detiveron a un cidadán colombiano, de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de estafa, ao finxir a súa morte para que a súa familia cobrase un seguro de 200.000 euros.

Segundo informaron fontes policiais, as investigacións iniciáronse a finais de 2019, cando un cidadán colombiano presentou solicitude de asilo político na Comisaría de Vigo. Ao facer as comprobacións e cotexar as impresións dixitais, a Policía constatou que, con esas mesmas pegadas, figuraba no sistema outro cidadán colombiano distinto, que estivera en España e que saíra de territorio español en 2005.

O grupo UCRIF da Brigada de Estranxeiría comezou a investigar. As pescudas permitiron tamén descubrir que, en 2005, a familia deste cidadán reclamou unha indemnización a unha compañía de seguros española, xa que este home subscribira unha póliza. Para iso, presentaron documentación certificada por organismos oficiais sobre o falecemento dese familiar, e así lograron cobrar un seguro de vida de 200.000 euros.

A Policía concluíu que eses documentos que certificaban a morte eran fraudulentos e que o propio implicado pagara a un funcionario colombiano para que llos facilitase.

Ese cidadán colombiano regresou a España en 2019 e, foi precisamente a súa solicitude de asilo a que destapou a estafa, xa que presentou documentación falsa na Comisaría. O home foi detido, a súa solicitude de asilo denegada e ten unha orde de expulsión de España. Ademais, deberá responder ante a xustiza española por un presunto delito de estafa contra a compañía de seguros.

O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 6 de Vigo, en funcións de garda.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...