InicioPolíticaPSdeG pide rescatar a concesión do Cunqueiro, en mans dun fondo de...

PSdeG pide rescatar a concesión do Cunqueiro, en mans dun fondo de investimentos estranxeiro

Propón negociar coa empresa ou acudir ao mercado financeiro, porque será menos custoso que manter o modelo actual

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE presentará unha proposición non de lei para o seu debate no pleno do Parlamento galego na que reclamará rescatar a concesión do hospital Álvaro Cunqueiro, para que sexa de titularidade “plenamente pública”, aproveitando as “condicións” do mercado financeiro e o contexto duns orzamentos expansivos.

Así o trasladaron o secretario xeral do partido, Gonzalo Caballero, e o portavoz de Sanidade do grupo parlamentario socialista, Julioo Torrado, en declaracións aos medios, realizadas á entrada de hospital vigués. Segundo sinalou Gonzalo Caballero, coa operación de venda de accións por parte da sociedade concesionaria, que supuxo que a propiedade maioritaria pasase a un fondo de investimento francés, quedou de manifesto “a gran farsa” de Feijóo sobre o hospital Álvaro Cunqueiro.

Así, lembrou que a Xunta pagará por esta infraestrutura o dobre do inicialmente previsto, a pesar de que se recortaron camas e servizos, cunha fórmula de canon anual (uns 73 millóns ao ano) que se revelou “pouco eficiente e extremadamente gravosa para as arcas públicas”.

Por iso, incidiu en que é “necesario reverter o hospital para o ámbito público”, o que permitirá reducir custos, xa que “é máis caro pagar un aluguer ao ano” que rescatar a concesión coas condicións de mercado que existen actualmente.

VARIAS ALTERNATIVAS

Nesa liña, o deputado e portavoz de Sanidade, Julio Torrado, que cualificou a situación do hospital vigués como unha “anomalía do sistema”, lembrou que, segundo os cálculos orzamentarios plurianuais, “quedan por pagar uns 550 millóns” á concesionaria do Álvaro Cunqueiro.

Segundo apuntou, a Xunta ten a posibilidade de acudir ao mercado financeiro para solicitar un crédito e recuperar a concesión, con condicións máis vantaxosas e con menos intereses dos que está a pagar agora (segundo as condicións que se acordaron coa sociedade que construíu a infraestrutura), e á vista de que a empresa estivo “disposta a vender”, como se comprobou coa operación de Acciona.

Outra vía sería “negociar coa empresa” outro modelo de rescate, “que empezou por darlle a titularidade á administración pública” e pactando os pagos. “Son grandes cantidades, pero a sanidade pública e o hospital máis grande de Galicia ben se merecen esta atención”, recalcou, e subliñou que o prezo ao que se vendeu parte da propiedade a ese fondo francés “é moito menor” que o que queda por pagar se se mantén o modelo actual.

Torrado incidiu na necesidade de que o Álvaro Cunqueiro sexa un hospital plenamente público, na súa titularidade e xestión, “e que non haxa que pedirlle permiso a unha empresa para ampliar camas, comprar material ou contratar persoal”. “É unha operación grande, pero posible. Só necesitamos que o PP decida se quere unha sanidade plenamente pública ou de cotitularidad privada en Vigo”, repetiu.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...