InicioSociedadeA Xunta decreta o peche de Galicia. Isto é o...

A Xunta decreta o peche de Galicia. Isto é o que podes e non podes facer este Nadal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Regresa o peche perimetral a Galicia. A comunidade Galega estará pechada perimetralmente desde 23 de decembro ao 6 de xaneiro, tal e como acaba de anunciar o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. Deste xeito, non se poderá entrar na comunidade galega agás por motivos xustificados, tales como traballo ou a atención a persoas dependentes.

O anuncio da Consellería de Sanidade chega no mesmo día en que a Xunta de Galicia vén de lanzar as súas recomendacións para reducir o risco de contaxio durante o Nadal. Nunha circunstancia de aumento de casos, a Xunta vén de se contradicir ao recomendar agora realizar as reunións cunha soa unidade familiar cando no protocolo presentado ante o Goberno central falaba de ata dúas unidades-  

Comesaña puntualizou, a este respecto, que se resulta preciso incorporar algunha persoa adicional  a esa unidade familiar, “a recomendación é que non exceda de dúas unidades familiares, tendo especial consideración con maiores que viven sós”, e cunha suma máxima, en calquera caso, de seis persoas, non contando menores de 10 anos.

PROBAS PARA OS ESTUDANTES

Neste contexto, Sanidade acaba de anunciar que o Sergas citará para realizar probas PCR ou de antíxenos aos estudantes que regresen a Galicia, así como aos viaxeiros que cheguen á comunidade procedentes das zonas consideradas de risco.

Ademais, en Galicia segue activo o rexistro de viaxeiros, que no verán contabilizou unhas 500.000 persoas, e que deron lugar a 10.000 PCR que permitiron evitar cadeas de contaxios. Neste rexistro pódense anotar todas as persoas procedentes de fóra da comunidade –e é obrigatorio no caso das zonas de risco– e, desta listaxe, serán citadas aquelas persoas que procedan de lugares con alta incidencia.

De xeito paralelo, tamén se poden anotar para realizar as probas diagnósticas aqueles estudantes que regresen ás súas casas familiares aínda estudando na propia comunidade galega, pero nunha cidade diferente e con outra unidade de convivencia de referencia. Estas probas faranse en coordinación coas áreas sanitarias para citar lugar e hora destas probas.

Que podo e que non podo facer este Nadal

Reunión por número de persoas

A recomendación xenérica é de só se reunan persoas convivientes, ou como máximo dúas unidades familiares distintas ata un máximo de 6 persoas. Os menores de 10 anos non contan.

Mobilidade entre concellos

Persiste as mesmas condicións actuais en canto a restriccións de mobilidade, salvo o día 24 e o 30 no que estarán permitidos os desprazamentos para reagrupamento familiar.

Toque de queda?

Mantense o toque de queda actual entre as 23h e as 6h. Salvo no caso de Noiteboa e Noitevella no que alongarase ata a 1:30 da madrugada.

Poden vir xente de fóta a Galicia?

Agora mesmo Galicia estará pechada perimentralmente dende o 23 de Nadal ata o 6 de Xaneiro. Ninguén poderá entrar nin sair da comunidade sin razón xustificada como “reagrupación familiar”.

Algunha recomendación para os encontros familiares?

Si, a consellería recomenda realizarse en espazos amplos e ventilados, si é posible ao aire libre. Que a mesa sexa colocada por unha única persoa. Evitar saúdos, protocolo de desifección de mans habitual e non compartir bebidas nin comidas.

Autoconfinamentos previos

Se os usuarios prefiren facerse un autoillamento previo aos encontros familiares deberá ser cando menos de 10 días para ter maio seguridade. Deberán evitar contacto con outras persoas para garantir a medida.

ÚLTIMAS

Zona Franca e Concello envían finalmente á Xunta o convenio para “desbloquear” a ETEA: “Podemos asinar mañá”

Zona Franca e Concello de Vigo anunciaron este venres o envío das últimas achegas do convenio...

Investigan as queimaduras no estómago dun home tras beber auga con gas nunha tapería da rúa Pizarro: “Foi unha dor insoportable”

A Policía Nacional investiga as queimaduras rexistradas no esófago e no estómago dun home tras beber...

A alcaldesa de Redondela anuncia unha cuestión de confianza tras o ‘non’ de PP e BNG aos orzamentos de 2025

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas (PSOE), confirmou a presentación dunha cuestión de confianza despois de...

Nova agresión a un sanitario en Urxencias do Álvaro Cunqueiro, os profesionais piden máis medidas preventivas

A Xunta de Persoal da área Sanitaria de Vigo denunciou unha nova agresión a...