InicioPolíticaMarea de Vigo culpa ao goberno local da folga no servizo de...

Marea de Vigo culpa ao goberno local da folga no servizo de recollida do lixo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para o grupo municipal da Marea de Vigo, tal e como expresou na rolda de prensa que tivo lugar este xoves, “a convocatoria de folga anunciada nos pasados días por parte da representación dos traballadores da concesionaria FCC é absolutamente lexítima, proporcionada e perfectamente argumentada, e a veciñanza debe saber que as molestias que poida ocasionar esta folga teñen exclusivamente unha responsabilidade: a propia empresa concesionaria, e subsidiariamente o goberno local do Concello de Vigo se non é capaz de mediar neste conflito.”

Marea de Vigo comparte na súa totalidade a denuncia do comité de empresa que motiva a convocatoria de folga: “É intolerable que a empresa ofreza unha suba soamente dun 1%, moi por debaixo incluso do recentemente asinado por sindicatos maioritarios no ámbito do estado e a patronal, patronal por certo na que FCC participa cun gran peso” explicaba Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

Do mesmo xeito, engadiu que “non é menos preocupante o intento de recorte e discriminación en dereitos sociais que pretende facer a empresa, dereitos moitos deles consolidados a base de negociación e loita sindical nos pasados anos. Establecer ademais a diferenza entre o cadro de persoal de semana e de fin de semana que pretende levar a cabo a empresa, incluso recortando nas axudas familiares establecidas en anteriores convenios, resulta cando menos vexatorio”.

“Hai capacidade de usar o superávit en asistencia social”

Para o grupo municipal da Marea de Vigo é indispensable a mediación por parte do Concello de Vigo, e afirma que este “non pode seguir illándose do control das concesionarias e sobre todo do gran problema que teñen os cadros de persoal desas concesionarias neste concello, onde sistematicamente se incumpren convenios e acordos en materia laboral marcados incluso nos pregos de condicións. Todo isto, para Marea de Vigo, debería supoñer ineludiblemente nunha auditoría permanente das concesións, “feito que en absoluto está acontecendo na actualidade”.

Rubén Pérez afirmaba tamén que, con respecto ao debate entorno á utilización do superávit, é rotundamente falso que non haxa capacidade de empregar o superávit noutras cuestións que non sexan humanizaciónssobre todo existindo prioridades como é o caso de Vigo, podendo investir en asistencia social primaria, educación especial ou mesmo na mellora dos recursos hidráulicos. Non investir nestas cuestións en Vigo resulta dobremente grave sendo ademais o propio Abel Caballero o que anunciaba esta posibilidade de utilización do superávit despois do acordo que, como presidente da FEMP, negociou co xa ex-ministro Montoro.”

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...