InicioSociedadeVigo segue liderando o número de casos Covid en Galicia, aínda que...

Vigo segue liderando o número de casos Covid en Galicia, aínda que descende a presión hospitalaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de persoas hospitalizadas en Galicia con covid-19 descendeu lixeiramente nas últimas horas, ao pasar de 412 a 372; tempo no que tamén baixan o número de novos positivos detectados, que se sitúan en 232 (28 menos). Con todo, o número de mortos segue elevado. Este luns informouse de 16 novos falecidos, aínda que sete deles eran correspondentes a segunda quincena de novembro.

En concreto, segundo os datos que publica este martes a Consellería de Sanidade actualizados ás 18,00 horas do luns, un total de 322 persoas permanecen ingresadas nas plantas dos hospitais galegas; mentres que nas unidades de coidados intensivos hai 50 pacientes.

Na área de Vigo, hai 68 persoas hospitalizadas, das que 9 están na UCI (dúas menos) e 59 en planta (sete menos). Con todo, de novo, a área sanitaria de Vigo foi a que máis contaxios novos rexistrou, un total de 59, seis máis que os notificados unha xornada antes. Ademais, repuntan en Santiago, ata os 54 novos casos –11 máis–; e en Pontevedra que rexistra 41 –12 máis–.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...