InicioSucesosDetido por agredir sexualmente a un menor ao que convenceu para ir...

Detido por agredir sexualmente a un menor ao que convenceu para ir á súa vivenda para un tratamento de barbaría

O menor comentou que o home lle aplicou un produto na cabeza mentres lle tapaba os ollos cunha toalla e logo lle desabrochou a cremalleira do pantalón para relizarlle tocamentos na zona xenital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 40 anos de nacionalidade venezolana, A.J.H.F., foi detido por, supostamente, haber agredido sexualmente a un menor ao que convenceu de desprazarse á súa vivenda para aplicarlle un tratamento de barbaría.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este domingo sobre as 13,30 horas, cando a sala de comunicacións do 091 foi alertada por un home de que o seu fillo menor fora agredido sexualmente por un perruqueiro que adoitaba desprazarse ao seu domicilio para realizar traballos de estética.

En concreto, explicou que esa mañá o profesional realizara labores de barbaría no seu domicilio, tras o que convidara o seu fillo, de 13 anos, a acompañalo ao exterior do mesmo para aplicarlle un ungüento que gardaba no seu vehículo particular.

Así, o neno acompañárao, aínda que o pai observara que tardou bastante tempo en regresar. Á súa volta, decatouse de que o seu fillo se atopaba moi nervioso e alterado, polo que lle preguntou o motivo do seu estado.

O neno detallou que, tras acceder ao vehículo, o perruqueiro aseguráralle que esquecera produto na súa vivenda e convidouno a acompañalo á mesma.

Unha vez no domicilio, aplicáralle o suposto produto na cabeza mentres lle tapaba os ollos cunha toalla e tomáballe fotos. Posteriormente, lle desabrochou a cremalleira do pantalón e realizoulle tocamentos na zona xenital, ante o que o menor se incorporou, empurrouno e fuxiu cara á súa vivenda.

Tras coñecer os feitos, os axentes dirixíronse ao domicilio do perruqueiro, situado na zona de Casabranca, e chamaron insistentemente sen obter resposta, aínda que escoitaron ruídos procedentes do interior.

Finalmente, o home abriu a porta e recoñeceu levar ao neno ao seu domicilio, pero negou realizarlle tocamentos. Con todo, ante o testemuño do menor e o seu pai, foi detido pola suposta comisión dun delito de agresión sexual.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...