InicioSociedadeA expsicóloga do Barça, Inma Puig, fala de xestión do talento na...

A expsicóloga do Barça, Inma Puig, fala de xestión do talento na UVigo

A psicóloga dvertiu de que "o éxito pode danar", por iso avogou por saber xestionar as emocións, especialmente en momentos como o actual de pandemia, e tamén "aprender a xestionar o éxito".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A expsicóloga do F.C. Barcelona, Inma Puig, participou este mércores no ciclo ‘Coloquios en tempo de pandemia’, organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, cun relatorio por vía telemática sobre a xestión do talento.

Puig, que traballou na xestión de emocións e conformación de equipos de traballo con deportistas de elite e co persoal do restaurante Celler de Can Roca, advertiu de que “o éxito pode danar”, por iso avogou por saber xestionar as emocións, especialmente en momentos como o actual de pandemia, e tamén “aprender a xestionar o éxito”.

Nese sentido, apuntou á necesidade dunha revolución emocional, sen a cal as demais revolucións, como a tecnolóxica, “non servirán de nada”. Esta psicóloga recalcou a importancia de “escoitar” e de “coidar” na vida persoal e profesional, porque “se se perseguen resultados, hai que coidar ás persoas.

Finalmente, convidou aos alumnos que participaron na charla a non coartar a súa creatividade, a centrarse no que queren e en como queren que sexa a súa vida, para chegar ao final das súas carreiras profesionais “facendo todo” o que querían facer.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...