InicioSociedadeOs traballadores de Vitrasa irán á folga en decembro

Os traballadores de Vitrasa irán á folga en decembro

A asemblea de traballadores da concesionaria de bus urbano de Vigo ratifica a convocatoria de folga en protesta pola modificación unilateral das súas xornadas e condicións laborais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores da empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, ratificou este fin de semana a convocatoria de folga rexistrada polo comité, e que terá lugar en días alternos do mes de decembro.

Así o confirmou o sindicato CIG (que preside o órgano de representación do persoal), que informou de que a proposta de folga foi apoiada “por unha ampla maioría” dos traballadores, que pararán en franxas de dúas horas para protestar pola modificación unilateral das súas xornadas e condicións laborais.

Segundo o escrito dirixido á Consellería de Emprego e Igualdade, a folga terá lugar durante once días do mes de decembro (os días 1, 3, 9, 11, 14, 16, 18, 21, 23, 28 e 30) e desenvolverase con paros parciais de dúas horas: de 7,30 a 9,30 horas, de 13,00 a 15,00 horas, e de 19,00 a 21,00 horas.

O sindicato denunciou que a empresa está “a converter xornadas continuas en xornadas partidas”, e modificando así unilateralmente as condicións de traballo para cubrir os reforzos de liñas necesarios pola situación derivada da pandemia. Ante isto, o comité reclamou máis contratacións para reforzar o servizo en ‘horas punta’ e evitar “que se enchan os autobuses”, en lugar de que sexan os traballadores os que teñan que “sacrificar” os seus horarios laborais.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...