InicioSucesosContinúan os problemas no aeroporto de Vigo coa cancelación ou desvío de...

Continúan os problemas no aeroporto de Vigo coa cancelación ou desvío de 12 voos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto vigués de Peinador volveu a rexistrar este martes unha xornada de incidencias, con 9 voos cancelados e outros 3 que tiveron que ser desviados, debido ás malas condicións meteorolóxicas e á desconexión do sistema de axuda á navegación aérea ILS.

Fontes de AENA consultadas por Europa Press confirmaron que os voos procedentes de Madrid das 8:10 horas (Air Europa) e das 8:45 horas (Iberia), así como o que tiña que chegar ás 9:20 horas desde Barcelona (Vueling) foron cancelados.

Por outra banda, foron desviados a Lavacolla o voo de Air Nostrum procedente de Madrid e con chegada prevista ás 11:50 horas; a conexión de Vueling desde Barcelona, e o voo de Iberia, tamén con orixe na capital de España, e que tiña que chegar a Vigo ás 12:50 horas.

Aeroporto Peinador
Espera no aeroporto de Peinador/Miguel Nuñez

Con respecto ás saídas, foron todas canceladas desde primeira hora da mañá até primeira hora da tarde. Así, canceláronse a saída de Air Europa das 8:50 horas con destino a Madrid; a saída de Iberia das 9:25 horas con destino a Madrid; a saída de Vueling das 9:55 horas con destino a Barcelona; a saída de Air Nostrum das 11:35 horas con destino a Bilbao; a saída de Air Europa das 12:30 horas con destino a Madrid; e a saída de Iberia das 13:35 horas con destino a Madrid.

Así mesmo, AENA tamén confirmou que o resto de voos están a operarse con normalidade e que segue á espera de poder realizar os voos de calibración para ultimar a posta en funcionamento de novo sistema de axuda á navegación.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

O PP acusa a Caballero de “engano masivo” por gastar “só o 23%” do orzamento de 2025

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de "engano masivo" cos orzamentos...