InicioSociedadeAs luces de nadal: marcadas polo control anticovid

As luces de nadal: marcadas polo control anticovid

O Concello de Vigo contrata 23 persoas para vixiar aforamento e cumprimento de normas anticovid durante a iluminación de nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo aprobou a contratación de 23 persoas (por 41.000 euros) que, durante o tempo que estea acendido a iluminación do Nadal, vixiarán que se respecten os aforamentos nas rúas do centro e que as persoas que acudan a gozar das luces e os adornos cumpran as normas anticovid.

Así o anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que detallou que estas persoas serán as encargadas de controlar, con axuda de cámaras (cuxa instalación aínda está pendente), que non haxa máis persoas das permitidas en determinadas zonas, que estarán acoutadas por valos; que se respecten as distancias; ou que todo o mundo faga uso do xel desinfectante que haberá en dispensadores.

O rexedor sinalou, con respecto á iluminación, que aínda non hai data concreta para o acceso, e que será algo que o Concello “falará” cos hostaleiros, para que coincida coa reapertura dos seus negocios.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...