InicioEconomíaO Concello de Vigo exime a hostaleiros do pago da auga, lixo...

O Concello de Vigo exime a hostaleiros do pago da auga, lixo e outras taxas

Estas bonificacións aplicaranse a todos os establecementos mentres estea en vigor o peche decretado pola Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo aplicará exencións aos establecementos de hostalaría nos pagos dos recibos do lixo, a auga (na parte que corresponde á administración municipal), e vados comerciais.

Así o anunciou en rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero, quen sinalou que estas bonificacións se aplicarán a todos os establecementos mentres estea en vigor o peche decretado pola Xunta como medida para frear o avance da pandemia de coronavirus, independentemente de se serven para levar.

Os descontos aplicaranse nos próximos recibos, xa que o padrón fiscal deste ano está liquidado e, segundo sinalou o alcalde, as medidas suporán que as arcas municipais deixen de percibir ao redor dun millón de euros.

Abel Caballero lembrou que, só en 2020, os hostaleiros deixaron de pagar uns 3 millóns de euros pola colocación das súas terrazas (en Vigo, a taxa é cero desde hai anos e, con motivo da pandemia, moitas terrazas foron ampliadas para respectar as medidas de distanciamento).

Ademais, durante a primeira onda da pandemia, o Concello de Vigo xa aplicou exencións en varias taxas polo que, segundo Caballero, en 2020 as “axudas” ao sector son duns 5 millóns de euros.

Fronte a estas medidas volveu a criticar o “escándalo” da Xunta, cun anuncio “etéreo” e “sen concretar” de axudas para os hostaleiros, das que, a Vigo, lle corresponderían menos dun millón de euros. “É unha tomadura de pelo á hostalaría (…), é intolerable”, proclamou o alcalde, que volveu lembrar que a Xunta ten “competencias exclusivas” nesta materia, segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia.

“É unha vergoña, o presidente da Xunta mira para outro lado, coma se non fora con el. Esquécese das súas competencias e obrigacións”, denunciou o rexedor, que repetiu novamente que o goberno galego “recibiu 750 millóns” do Executivo central para facer fronte ás consecuencias da crise sanitaria.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...