InicioSociedadePiden a retirada de dúas fotos dunha exposición en Baiona por ser...

Piden a retirada de dúas fotos dunha exposición en Baiona por ser “unha vexación ás mulleres católicas”

"Os cristiáns estamos cansados dos continuos ataques (...), é intolerable que apelen á liberdade de expresión para insultar e vexar aos cristiáns e ofender as nosas crenzas", engadiron desde a organización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Española de Abogados Cristianos presentou un escrito ante un xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra para solicitar medidas cautelarísimas con respecto a unha exposición instalada no Concello de Baiona, para que se retiren dous das fotografías da mostra.

Segundo comunicou esta organización, a petición afecta a dúas imaxes da exposición ‘Corpos, Feminismo e Territorio’, do fotógrafo Alexandre Folgoso, nas que ven mulleres espidas “con referencias á simboloxía católica”. Unha das fotos mostra a unha muller cun manto que lle cobre a cabeza, cruces pintadas sobre os peitos e un cáliz ocultándolle os xenitais; mentres que a outra é dunha muller sentada, tamén cun manto como única vestimenta, cunha fouce nunha man e unha pandeireta na cabeza “imitando a aurelola dunha virxe”, coa frase ‘Na miña cona mando eu’ escrita no torso.

A organización de xuristas denunciou que a mostra, que pode verse ata o 23 de novembro, “supón un ataque aos sentimentos dos cristiáns”. Así, a presidenta da Asociación, Polonia Castellanos, lamentou que a exposición “pretende falar de feminismo, pero dun feminismo que non defende a todas as mulleres, xa que esas imaxes son unha vexación ás mulleres católicas”.

A ese respecto, Abogados Cristianos advertiron de que non descartan interpor unha querela contra o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado (PSOE) e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira (BNG), e criticaron que “son sempre persoas ou partidos vinculados coa esquerda máis radical os que se empeñan en atacar aos cristiáns”. “Os cristiáns estamos cansados dos continuos ataques (…), é intolerable que apelen á liberdade de expresión para insultar e vexar aos cristiáns e ofender as nosas crenzas”, engadiron.

Antes que este colectivo, o PP xa pedira retirar a exposición, por considerar que as imaxes que se mostran non son apropiadas nun espazo público, ao que pode acceder calquera, incluídos nenos.

“NON ENTENDERON NADA”

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, lamentou que esta asociación interpretase a mostra como “ofensiva”, e lembrou que a finalidade da exposición é promover unha “reflexión” sobre o papel da muller ao longo da historia e na actualidade, “e como son oprimidas”. “Non entenderon nada”, apuntou.

“Se consideran que a exposición é ofensiva cara á relixión católica é que nin se molestaron en visitala, nin se informaron”, lamentou e, tras sinalar que a denuncia de Abogados Cristinanos produce “vergoña allea”, confirmou que a mostra se manterá. “Eu defendo a liberdade de expresión e o meu traballo como concelleiro de Igualdade, que precisamente é promover a igualdade e educar na igualdade”, resolveu.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...