InicioMedio Ambiente e PatrimonioEsta é a incríble historia dunha cesta chea de timbais de hai...

Esta é a incríble historia dunha cesta chea de timbais de hai máis de cen anos

A Orquestra Clásica de Vigo recuperou e fixo soar este instrumento cen anos despois.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Orquestra Clásica de Vigo recuperou uns timbais de máis de 100 anos, que pertenceron á desaparecida banda de música municipal da cidade, e que foron localizados casualmente no faiado da Escola de Música Municipal, onde estiveron nos últimos 30 anos.

Os instrumentos estaban gardados nunhas grandes cestas, obra dun artesán cesteiro da cidade, e foron levados a Nava (Asturias) para que un chapista restaurase o fondo metálico. Así mesmo, renováronse os parches e pintáronse os pés.

Segundo explicou o director da Orquestra Clásica, Manuel Martínez, os timbais foron identificados nunha foto que se conserva no Arquivo Pacheco e que data de 1.912, na que pode verse a parte da banda municipal, cos timbais, e na que tamén quedou retratado o que era director da formación, Mónico García.

Este martes, durante a inauguración da rehabilitación da muralla do Castro, os timbais volveron soar, da man do percusionista Andrés Bernárdez, e acabaron por converterse nos verdadeiros protagonistas do acto.

Por outra banda, os responsables da recuperación dos instrumentos explicaron que, cando ensinaron as cestas ao único mestre cestero que queda en Vigo, recoñeceunos como obra do seu pai, que os elaborou nos anos 50.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...