InicioSociedade951 mortos con Covid-19 en Galicia, con sete novos falecidos, un en...

951 mortos con Covid-19 en Galicia, con sete novos falecidos, un en Vigo

As cifras dos últimos días están en niveis de abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sete novos falecidos con COVID-19 confirmados nas últimas horas elevan a 951 o total de mortes rexistradas en Galicia debido á incidencia da pandemia. Polo menos dous dos casos procedían de residencias de maiores.

En concreto, trátase dun home de 58 anos, falecido no Complexo Hospitalario da Coruña e que era do centro Ricardo Baró de Oleiros; e dunha muller de 91 anos que procedía da residencia San Cibrao de Cervo, e que se atopaba ingresada no Hospital Público da Mariña.

O resto de casos son un home de 66 anos no CHUAC, unha muller de 95 anos e un home de 93 no Complexo Hospitalario de Vigo, e outras dúas mulleres: unha de 83 anos no Arquitecto Marcide e outra de 89 no HULA.

Segundo engaden as autoridades sanitarias, todos os falecidos presentaban algunha patoloxía previa.

Con estas sete vítimas, Galicia alcanzou o total de 951 falecidos este martes. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.

O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus.

A primeira morte computada na denominada ‘nova normalidade’ foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados coa pandemia.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...