InicioMedio Ambiente e PatrimonioPor fin a Xunta actuará para evitar as inundacións no río Lagares...

Por fin a Xunta actuará para evitar as inundacións no río Lagares que recoñece como perigosas

A proposta da Xunta propón que Augas de Galicia financie e execute as obras e que o Concello poña a disposición os terreos. En total, destinará 6,8 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará un total de 6,8 millóns de euros a seis actuacións de protección prioritarias incluídas en Plan de xestión do risco de inundacións para o río Lagares, no Concello de Vigo.

En concreto, trátase da mellora do espazo fluvial e da drenaxe do río no cruzamento coa avenida Severino Cobas, na Rega do Folón no cruzamento coa estrada Camposancos e na Avenida de Madrid; a optimización do espazo fluvial ao seu paso polo polígono do Caramuxo; e áreas de inundación controladas, en Sárdoma e en Lavadores.

Diso informou a titular do departamento autonómico, Ethel Vázquez, que explicou que este mesmo martes a Xunta remitiu ao Consistorio vigués este plan así como un protocolo para avanzar conxuntamente neste seis acciones. A proposta sinala que o Executivo autonómico financia as obras mentres que o Concello deberá pór a disposición os terreos.

Segundo detallou a conselleira, proponse executar nunha primeira fase 5 destas obras, pospondo a actuación de Lavadores á avaliación do funcionamento da área de inundación de Sárdoma.

Ethel Vázquez e a responsable de Planificación Hidrolóxica de Augas de Galicia, Belén Quinteiro, debullaron este martes en rolda de prensa os detalles do plan, que inclúe medidas de prevención das inundacións, protección e recuperación da conca do río.

Na comparecencia, a conselleira explicou que se identificaron “riscos potenciais importantes” a consecuencia de que é unha conca “moi urbana, encaixada en zonas urbanizadas e industrializadas”. “Por iso o plan inclúe medidas específicas tanto paliativas como preventivas, para executar polas diferentes administracións que temos competencias”, indicou.

SISTEMA DE ALERTA TEMPERÁ

Segundo detallou Belén Quinteiro, entre as medidas, tamén se inclúe a implantación dun sistema de alerta temperá que permitirá prever episodios de inundacións con tres días de antelación.

Pola súa banda, Ethel Vázquez precisou que, nestas accións concretas que permitirán xestionar tanto “antes, durante como despois” das inundacións, inclúense actuacións para eliminar a presión do río e para asegurar a correcta circulación da auga.

Ademais, engadiu que a Xunta destinará 48.500 euros a accións preventivas, a maior parte a financiar por Augas de Galicia. Tamén reservará 27.500 euros para medidas de conservación da canle –no tramo interurbano corresponde á Xunta mentres que no tramo urbano é competencia do Concello–.

NOVES CONCAS PRIORITARIAS

Todo iso nunha rolda de prensa na que a conselleira explicou que a Xunta traballa na realización de plans específicos pare facer fronte ao risco de inundacións en nove concas fluviais prioritarias polo seu nivel de risco.

Trátase, ademais do río Lagares, do Umia en Caldas de Reis e Portas; o río Ulla e o Sar, ao seu paso por Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Catoira, Pontecesures e Valga; o río Anllóns, en Carballo; o río Campeda, en Vimianzo; os cursos do río Fontecova e do arroio Trasposta, en Viveiro; así como dos Bahíña e Groba, en Baiona.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...