InicioEconomíaA Confederación de Empresarios de Pontevedra apoia a demanda de ampliación do...

A Confederación de Empresarios de Pontevedra apoia a demanda de ampliación do horario de apertura de hostaleiros

Piden que se amplíe ata as 00,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) apoiou que se amplíe ata as 00,00 horas o horario nocturno decretado no marco do estado de alarma, unha demanda trasladada pola Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) á Xunta.

A CEP e Feprohos recalcaron que a variación dunha hora no horario de apertura “pode supor a diferenza entre cubrir custos ou pechar establecementos” e “ter unha mínima incidencia no control da pandemia”.

Neste sentido, o presidente de Feprohos, César Sáchez-Ballesteros, explicou que o sector é “perfectamente consciente” da complicada situación epidemiolóxica provocada pola pandemia, pero incidiu en que os empresarios teñen “unha responsabilidade cos seus traballadores”.“Queremos manter o emprego, pero sen clientela e sen negocio, esimposible”, advertiu.

Así mesmo, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, resaltou o impacto que levou a paralización da actividade durante os meses do confinamento e o anómalo período posterior. Así, lembrou que, ademais da cancelación de feiras e a Reconquista, paralizouse o tráfico de cruceiros e a tempada alta estival sumou “moitos menos visitantes do previsto”.

“Todo iso impacta negativamente na hostalaría, a restauración, o lecer nocturno e (…) en todo o sector servizos da provincia, ademais de nos seus respectivos sectores de referencia”, apuntou o presidente da confederación empresarial.

Así mesmo, Cebreiros e Sánchez-Ballesteros incidiron en que as empresas do sector adoptaron todos os protocolos establecidos e asumiron os custos precisos para garantir a seguridade sanitaria dos seus traballadores e clientes, en moitos casos, “sen recibir axudas ou compensacións polo cesamento de actividade”.

Nesta liña, o presidente de Feprohos asegurou que os hostaleiros son os “principais interesados” en garantir aos seus clientes o cumprimento das medidas necesarias para ofrecer un servizo seguro.

Así, insistiu en que ampliar o horario de peche ata as 00,00 permitiría prolongar o horario das ceas e remontar servizos, ademais de supor “un aliciente” nun momento no que “a cidadanía tende a quedar en casa”.

ÚLTIMAS

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...