InicioSociedadeA área de Vigo consolídase como o principal foco da covid no...

A área de Vigo consolídase como o principal foco da covid no sistema educaivo

PUBLICADO O

Os casos de COVID-19 nos centros educativos e escolas infantís continúan incrementándose. Os positivos detectados ata este mércores suman 914, case medio centenar máis que os comunicados a xornada anterior, e Vigo consolídase como o principal foco de incidencia no sistema educativo galego. De feito, representan xa máis do 12% do total de casos activos en Galicia.

A tendencia que experimentaron o ritmo de contaxios nas últimas xornadas apunta a que Galicia pasará esta semana o milleiro de casos confirmados nas escolas. Esta cifra, aínda que implique un peso reducido en termos porcentuais respecto da poboación escolar, resulta significativa tendo en conta que os casos activos en toda a comunidade ascenden xa 7.535.

situación epidemiolóxica obriga, ademais, a manter case medio centenar de aulas pechadas, unhas 46, ademais de dúas escolas. En concreto, a gardaría Golfiños de Lugo, que conta con polo menos catro positivos confirmado, e o punto de atención á infancia de Boborás, que conta con seis contagios por coronavirus.

O número de aulas pechadas, en todo caso, é maior ás cifras achegadas pola Xunta, posto que o balance recolle unicamente as unidades e escolas clausuradas por decisión do Sergas pero non outros peches que se producen no territorio por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo de acción ante a COVID-19.

VIGO, A MÁIS AFECTADA

A zona de influencia da cidade olívica xa excede dos 200 positivos cunha decena de aulas pechadas. Vigo conta á súa vez cun dos brotes máis importantes detectados desde o inicio do curso, no centro privado Apostol Santiago, con polo menos 10 casos confirmados de COVID-19 nas súas instalacións.

En Mos, a plurilingüe Lareira mantén oito positivos, o IES Antón Alonso Ríos e Indalecio Pérez Tizón, de Tomiño e Tui, respectivamente, contan con sete e seis casos, e hai cinco aulas pechadas en catro escolas infantís da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...