InicioSociedadeDenuncian catro locais por incumprir a limitación horaria e sete persoas por...

Denuncian catro locais por incumprir a limitación horaria e sete persoas por rexeitar usar máscara

O alcalde de Vigo descartou que alcaldes galegos pedisen datos persoais sobre os positivos á Xunta e acusou ao conselleiro de Sanidade, Julio García, de "mentir" respecto diso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local denunciou a sete persoas por rexeitar usar máscara e catro locais de hostalaría que incumpriron a limitación horaria en Vigo durante este fin de semana.

Nunha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, detallou que as persoas denunciadas opuxéronse a utilizar o equipo de protección individual a pesar de habérselles requirido, polo que foron denunciadas.

Así mesmo, indicou que a Policía Local realizou advertencias a persoas que non utilizaban máscaras mentres se atopaban en terrazas, así como que actuou do mesmo xeito cun grupo de máis de 15 individuos que se reuniu nun domicilio.

Tamén se requiriu que abandonasen pistas deportivas precintadas a varios mozos, que aceptaron a orde. Ademais, controlouse o cumprimento das medidas de seguridade no paseo e o mercado de Bouzas e o Casco Vello.

Ademais, o alcalde avanzou que se intensificarán as accións para controlar a adopción das medidas obrigatorias para frear contagios por COVID-19 e que se incrementará a presenza da Policía e a Garda Civil. Neste sentido, chamou a facer “un cumprimento exhaustivo e rigoroso” do protocolo, aínda que asegurou que, maioritariamente, a cidadanía “compórtase ben”.

DATOS DE CONTAXIOS

Por outra banda, valorou que o volume do PCR realizadas na área, pero volveu a esixir que se proporcione información concreta sobre os contaxios na cidade. Tamén descartou que alcaldes galegos pedisen datos persoais sobre os positivos á Xunta e acusou ao conselleiro de Sanidade, Julio García, de “mentir” respecto diso.

Así, reclamou que se faciliten datos sociolóxicos e relativos ás zonas da urbe con máis incidencia para que o goberno local poida actuar. “Todas as cidades grandes de España téñena (a información), por que non lla dan a Vigo?”, preguntouse.

Nesta liña, garantiu a “cooperación” do goberno local e asegurou que “ningunha medida da Xunta vai ser discutida”. Con todo, incidiu na necesidade de que o Goberno galego facilite a información solicitada para actuar con “eficacia” ante a situación actual.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...