InicioSociedadeCribado na área de Vigo a partir do luns de traballadores de...

Cribado na área de Vigo a partir do luns de traballadores de residencias e centros sociosanitarios

Estes cribados faranse de forma quincenal, e neles empregarase a técnica de procesado agrupado ('pooling') con recollida de mostra de saliva, que posibilita o auto-toma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área sanitaria de Vigo iniciará ese luns o cribado de 3.500 traballadores de 71 residencias e centros sociosanitarios, dentro do programa de cribado do persoal deste tipo de instalacións, que levará a cabo en toda Galicia (un total de 15.000 persoas).

Entre o luns e o mércores, o laboratorio de Microbiología, a través do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, procesará as mostras remitidas desde todos os centros galegos.

Estes cribados faranse de forma quincenal, e neles empregarase a técnica de procesado agrupado (‘pooling’) con recollida de mostra de saliva, que posibilita o auto-toma. Ademais, os traballadores contarán cun programa de autorregistro a través dunha aplicación móbil.

Con motivo do inicio deste cribado, este venres desenvolvéronse dúas xornadas formativas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (presenciais e ‘en liña’) con representantes das residencias da área para explicarlles o procedemento, darlles indicacións para o correcto desenvolvemento de todo o proceso e aclarar posibles dúbidas. Ademais, entregóuselles o ‘kit’ para a recollida da mostra do persoal.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...