InicioEconomíaA expatroa da confraría de Arcade nega as acusacións de corrupción lanzadas...

A expatroa da confraría de Arcade nega as acusacións de corrupción lanzadas desde a nova directiva

A nova dirección acusa a executiva saínte de cometer varios delitos de administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A expatroa da confraría de pescadores Virxe do Carme de Arcade-Soutomaior, Rita Míguez de la Iglesia, negou as acusacións do novo equipo directivo, que o pasado venres informou da presentación dunha querela criminal por supostas irregularidades cometidas durante o anterior mandato.

Míguez cualifica de “desatinada performance a actuación da nova directiva, que acusan s executiva saínte de cometer varios delitos de administración desleal, furto, extorsión e apropiación indebida.

Así, di non ter constancia de que exista unha denuncia presentada nos xulgados contra a súa persoa, aínda que expresa que está “a desexar” comparecer ante a xustiza para defenderse ante acusacións que nega e ve orientadas a “mancillar” a súa “irreprochable” traxectoria como patroa maior.

Por último, Míguez afirma que o “acto de difamación gratuíta” e o “ataque infame” contra a súa persoa “terá severas consecuencias legais no futuro unha vez se arquive a eventual causa xudicial”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...