InicioEconomíaPorto de Vigo urxe a conexión ferroviaria a Bouzas e Caballero expresa...

Porto de Vigo urxe a conexión ferroviaria a Bouzas e Caballero expresa a súa “oposición total” porque “rompe” a cidade

López Veiga apela á necesidade de manter a "competitividade" e Caballero di que "nunca" haberá ese tren mentres sexa alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, remitiu unha carta á presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, na que urxe buscar unha solución para que a terminal ro-ro de Bouzas teña conexión ferroviaria, e lamenta a “discriminación” que sofre este porto con respecto a terminais do arco mediterráneo, ás que se está dando “prioridade” no seu desenvolvemento.

Na misiva, López Veiga lembra a importancia de que o porto de Vigo conte con esa conexión por tren para garantir a súa competitividade, e sinala que Adif xa é coñecedora desa demanda. No entanto, lamenta López Veiga, “nin sequera se empezou a estudar” a solución á conexión ferroviaria da terminal ro-ro.

Segundo apuntou o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, este organismo presentou en setembro de 2018 un estudo sobre a mellor alternativa para conectar o porto por tren, enlazando coa futura saída sur (que tería que construírse desde a nova estación de Urzáiz).

Así mesmo, en xuño deste ano informouse ao administrador ferroviario de que o porto adxudicara un estudo para a reordenación de espazos na terminal de Bouzas, no que “resulta imposible” progresar sen saber “por onde pode chegar o ferrocarril”.

López Veiga lamentou que, a pesar dos desmentidos de Adif, as súas denuncias de que o Corredor Mediterráneo era a prioridade e non as conexións atlánticas “parecían estar ben fundadas”, á vista do tempo transcorrido sen que haxa solución para a terminal viguesa.

“OPOSICIÓN TOTAL” DO ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse ao “debuxo” do trazado exposto polo Porto para esa conexión ferroviaria, e avanzou a súa “oposición total”, xa que ese tren “rompe dramaticamente” parte da cidade.

Segundo explicou o rexedor, a proposta do Porto supón a saída ferroviaria desde Bouzas a través dun viaduto “sobre a ría”, e o trazado continuaría por Alcabre, Avenida Atlántida, Avenida de Europa, Avenida Castelao (a través dun falso túnel que quedaría “a catro metros” dos edificios, provocando unhas “vibracións insoportables”), parte de Gran Vía, Castrelos e Sárdoma.

O trazado finalizaría conectando “cunha saída sur que non existe“, incidiu o alcalde, quen asegurou que a planta de PSA en Vigo “non quere ese tren”, polo que se preguntou “para que sería entón”. “Nunca vou tolerar un tren no medio da cidade. Non vai haber ese tren mentres eu sexa alcalde”, proclamou Caballero.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...