InicioSucesos5 feridos na autovía que une Vigo e O Porriño nunha mañá...

5 feridos na autovía que une Vigo e O Porriño nunha mañá cargada de accidentes

Os choques provocan retencións dende primeira hora da mañá.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Polo menos 5 persoas tiveron que ser trasladadas a centros médicos tras rexistrarse numerosas colisións por alcance, nas que estiveron implicados varios vehículos, e que ocasionan retencións desde primeira hora da mañá na autovía A-55, entre Vigo e O Porriño, segundo informan a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e o 112-Galicia.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do 061, sobre as 8,15 horas da mañá atendéronse dous servizos por accidentes de tráfico na A-55 no Porriño. No primeiro deles trasladouse a dúas mulleres, de 65 e 32 anos de idade, e a un home de 60 anos ao Sanatorio Concheiro, en ambulancia de soporte vital básico.

Na mesma zona mobilizouse outra ambulancia de soporte vital básico para trasladar ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a unha muller de 81 anos de idade, tamén implicada nun accidente de tráfico. Por outra banda, sobre as 8,40 horas, o 061 rexistrou un trasladado, tamén ao Hospital Álvaro Cunqueiro e en ambulancia de soporte vital básico, dunha persoa de que a que non transcendeu a identidade, e que resultou ferida nun accidente de tráfico en Mos.

COLISIÓNS POR ALCANCE

Fontes da Axencia Galega de Emerxencias-112 sinalaron que, ás 7,26 horas un particular informaba dunha colisión por alcance na A-55, á altura da parroquia viguesa de Bembrive, con dous coches implicados. Pouco despois das 8,00 horas rexistrouse outro sinistro na mesma autovía, nesta ocasión á altura de Torneiros, no Porriño. Algúns particulares contactaron co 112 para alertar de que había varios coches implicados .

O 112 tamén informou doutro sinistro, ás 8,40 horas, na A-55 á altura da saída do Porriño, no termo municipal de Mos. Un particular chamou a Emerxencias para alertar de que tivera un accidente, tras chocar o seu vehículo con outro coche.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...