InicioSucesosA Garda Civil confisca 3.509 artificios pirotécnicos dun posto ambulante en Gondomar

A Garda Civil confisca 3.509 artificios pirotécnicos dun posto ambulante en Gondomar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse de 121 envases que contiñan 3.509 artificios pirotécnicos e que se atopaban á venda nun posto ambulante nunha festa en Gondomar.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a incautación realizouse este xoves, nunha atracción de feira instalada no recinto da festa da parroquia gondomareña de Mañufe. Trátase de artefactos da categoría F2, que só poden venderse en establecementos autorizados, e a maiores de 16 anos.

A Garda Civil subliñou que este tipo de material, aínda que é “de baixo perigo e baixo nivel de ruído”, só pode utilizarse en zonas delimitadas. Os artificios, comisados por efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras, foron almacenados para a súa destrución nun depósito autorizado.

Fontes da Benemérita lembraron que a venda de artificios pirotécnicos sen autorización, como é o caso dos postos ambulantes, está tipificada como unha infracción grave ao Regulamento de Artigos Pirotécnicos e Cartuchería. O responsable do posto da festa de Gondomar foi identificado, e pode enfrontarse a unha sanción que oscila entre os 300 e os 30.000 euros.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...